Madriñas y padriños Semillas
Persoas conscientes que apostan polo cambio na educación e a saúde.
Todas e todos podemos ser madriñas ou padriños!
Contribuíndo cunha cantidade simbólica mensual de 20€ para apoiar o desenvolvemento de accións que promocionan as oportunidades para todas.
​
Queremos que as nosas madriñas e padriños sexan conscientes que a súa colaboración dista do que etiquetamos socialmente como caridade; todo o contrario: contribúen na creación dunha educación diferente e na defensa dos dereitos de todas as nenas e adolescentes. Por iso nosas madriñas e padriños tamén son axentes de cambio.
​
A realidade que temos actualmente é dura e deshumana, non hai opcións de mirar para outro lado. Cambiar esta realidade é cousa de todas e todos.
​
Contacta connosco: semillas.educacionsaludfemenina@gmail.com
- Nota -
Os recursos económicos que se obteñen da venda dos nosos libros e demais recursos pedagóxicos, destínanse a crear novos recursos pedagóxicos, así como ás accións levadas a cabo por Semillas: “Libros para todas”, “Aprendizaxe sen límites” e “Asesorías educativas personalizadas- Saúde e sabedoría”, destinadas a nenas e adolescentes con recursos económicos limitados e barreiras socio-económicas.
Ningunha nena nin adolescente merece ser invisible.
Contamos contigo!