Coñécenos!
Somos o primeiro proxecto de educación para a saúde feminina integral destinado a nenas e adolescentes.
Quen somos?
Somos un equipo de persoas galegas, que traballamos na área da saúde e educación para a saúde. Cremos na necesidade dun cambio de paradigma na saúde feminina e na educación para a mesma. Dentro deste contexto nace Sementes, o 7 de Xaneiro de 2024, un proxecto educativo privado, de fala hispano-lusa onde dá inicio a educación para a saúde feminina, destinado a nenas e adolescentes (4-16 anos), independente e autoxestionado; sen ningún carácter político nin relixioso.
Que facemos?
Impulsamos unha educación para a saúde feminina integral, natural e consciente a través dos nosos recursos pedagóxicos, círculos de auto-coñecimento e círculos da palabra; considerando o campo emocional, mental, enerxético, espiritual e o seu corpo; proporcionando e potenciando o coñecemento de medicinas naturais ancestrales.
Con todo iso promovemos unha educación que lles permite volver ás raíces do que era o auto-coidado e a saúde da muller, mentres aprenden sobre elas, a vida, a natureza e a súa propia natureza.
Os nosos obxectivos
Fomentar o auto-coñecimento, prácticas de auto-coidado e coidado natural.
Estimular o pensamento libre, autocuestionamiento e a autonomía, para espertar todo o seu potencial.
Espertar unha visión diferente sobre o seu corpo, a súa saúde e coidados.