top of page
Un espazo educativo dixital e multicultural que actúa como axente para o cambio, promocionando a saúde integral, consciente e natural destinado a nenas e adolescentes.
O noso obxectivo é que elas se transformen en defensoras, activistas e gardiás da súa saúde e da saúde feminina en xeral.
Que facemos no club?
-
Campañas de sensibilización e concienciación sobre temáticas relacionadas coa pedagoxía Semillas.
-
Charlas e encontros virtuais a través dos que aprender, compartir as súas experiencias e inquietudes.
-
Fomentar proxectos sobre saúde feminina.
-
Debates educativos.
Qué promovemos?
O club ten como eixos principais a inclusividade, diversidade, multiculturalidade e activismo a través dunha aprendizaxe participativa, para que todas elas sentan benvidas.
Qué buscamos?
Promocionamos a saúde de nenas e adolescentes. Ademais, fomentamos unha cultura de participación activa desde as idades máis temperás, por iso as adolescentes e mozas tamén teñen un papel moi importante compartindo as súas experiencias e aprendizaxes coas máis pequenas, inspirándoas a coidar da súa saúde feminina e a crecer compartindo. Desta forma creamos un ciclo de aprendizaxe, enriquecendo e fomentando unha cultura positiva sobre a educación para a saúde feminina.
Cómo funciona o club?
-
Inauguramos a campaña de abertura de inscricións desde o 24 de abril ata o 17 de xuño, onde daremos incio ás actividades. Ademais deste período, as inscricións están abertas de forma permanente durante todo o ano.
-
Impulsaremos campañas de sensibilización sobre temas de gran importancia para o benestar, coidado e promoción da saúde feminina, desde cuestións normalizadas, prácticas de autocuidado e prevención. A través destas campañas desenvolveremos proxectos interculturais para fomentar a saúde feminina entre nenas, adolescentes e novas.
-
Charlas e encontros virtuais.
-
Un encontro semestral virtual con todas as nenas, adolescentes e mozas que forman parte do club desde calquera lugar do mundo, fomentando o intercambio de experiencias e creación de rede.
-
Recibirán unha dirección de correo electrónico exclusiva para todas as asociadas ao club, onde poderán enviar todas as súas preguntas, dúbidas e inquietudes relacionadas con cuestións relacionadas con temáticas de saúde feminina, así como un grupo de whatsapp exclusivo onde poderán compartir e nutrirse entre elas.
Quen pode unirse?
-
Escolas, espazos educativos e proxectos afíns: Implementar o noso club é unha excelente maneira de fomentar a educación para a saúde feminina.
-
Mamás: Queres que a túa filla ou fillas aprendan sobre elas tendo un papel activo na súa saúde? Se teñen entre 5 e 18 anos, inscríbea/s no noso club. Xuntas crearemos un ambiente de apoio e aprendizaxe.
-
Mozas: Se es unha moza de ata 21 anos, identifícasche co club e queres aprender máis sobre a saúde feminina, compartir as túas experiencias e converterche nunha activista da saúde feminina, encantaranos contar contigo!
Que reciben as nosas socias?
De maneira virtual, todas as nenas, adolescentes e mozas reciben:
-
Carné de socias,
-
Email de benvida coas informacións exclusivas para socias.
bottom of page