onde iniciamos unha educación para a saúde feminina
Nenas do presente, adolescentes do mañá, mulleres do futuro.
Esta abarca todos os aspectos bio-psico-sociais relacionados co benestar físico, emocional, mental, psicolóxico, espiritual e social das mulleres ao longo de todas as etapas da vida; desde a saúde sexual e menstrual, ata a saúde emocional e mental. Ademais tamén se inclúen temas importantes como estilo de vida, prácticas de autocuidado e nutrición.
Impulsamos unha educación para a saúde feminina integral, natural e consciente a través dos nosos recursos pedagóxicos, círculos de auto-coñecemento e círculos da palabra; considerando o campo emocional, mental, enerxético, espiritual e o seu corpo; proporcionando e potenciando o coñecemento de medicinas naturais ancestrales.
Semillas é un proxecto que actúa como axente para o cambio: promocionamos a saúde integral, consciente e natural das nenas e adolescentes
"Dicimos que cremos nun mundo onde todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades pero ese mundo nunca chega...
Reflexionemos e baseémonos en feitos e non en contos...
As nenas de todo o mundo, seguimos sufrindo desigualdade en todos os ámbitos; temos menos oportunidades, sobre todo na educación e saúde, sendo a saúde feminina a gran esquecida, pero tamén temos escasas oportunidades económicas e participación política, enfrontándonos día a día a graves ameazas para o noso benestar e dereitos. Isto afecta no presente e futuro de todas nós: nenas, adolescentes e mulleres."
Por iso en Semillas traballamos para a equidade creando oportunidades para cambiar este paradigma.
"Para crear un mundo onde as nenas sentan empoderadas, primeiro temos que axudalas e ensinalas a crear de maneira diferente o seu mundo interior."